topoguías

Unha topoguía é o mellor compañeiro nunha xornada de sendeirismo.

As TOPOGUÍAS son publicacións que facilitan a divulgación dos sendeiros entre os camiñantes e turistas. O seu fin é informar ós camiñantes das características dos sendeiros e dos servizos do contorno.

Dende Segatur estamos a realizar un importante labor de recompilación de datos e redacción das topoguías de Galicia, xa que a maior parte das entidades promotoras de rutas non fan este traballo por descoñecemento ou capacidade económica.

Agardamos ter en breve publicadas tódalas topoguías que correspondan a rutas homologadas pola Federación Galega de Montañismo.

Vantaxes

Presentación da ruta, con indicación de distancias, tempos e desniveis.
Mapas cartográficos con iconos nos elementos de interese.
Enumeración dos servicios da zona: durmida, comidas e transporte público.